Por aquí chega outra dinámica de escritura creativa.
Neste caso decidimos empregar maquillaxe. Isto é algo que lles sorprende e atrae pois a pel é un soporte increíble.
Por parellas, pintáronse libremente no brazo. Ao rematar os seus deseños por azar xuntámonos para crear historias cos deseños creados.
É unha forma de potenciar a creatividade, imaxinación, traballo colaborativo e motivación.
