Como xa sabedes encántame empregar receitas de cociña na aula. Creo que é un marabilloso recurso que nos premite traballar a nivel competencial e globalizador.
Neste caso realicei unha receita de cociña sinxela empregando unha froita de tempada de outono, o caqui. A receita é unha sinxela panna cotta. A podedes ver aquí.
O vídeo pódese empregar como comprensión oral, polo que se pode visualizar e logo plantexar preguntas a resolver, ou que o almnado sexa o que cree as preguntas para o resto dos compañeiros e compañeiras.
A continuación, podemos empregar unha compensión lectora sobre o caqui. Podedes descargala aquí.
Seguidamente o ideal sería poder preparala con eles e que incluso poidan propoñer ingredientes para engadir ou posibles variantes da receita.