Encántame traballar a comprensión oral a partir de cancións. Neste caso empreguei o audioconto corre, corre cabaciña para aproveitar a temática do samaín.
A idea é que escoitándoo intenten cubrir os espazos que faltan. Escóitano dúas veces e unha terceira de autocorreccción.
Este é o audioconto
Aquí vos deixo a comprensión oral para descargar.
Cando rematan ocorréusenos a idea de preparar entrevistas absurdas. Entrevistamos á cabaza, ao lobo e a avoa. Cada un preparou dúas preguntas que logo se lle fixeron a un compañeir@ que adoptou o rol da personaxe.