DINÁMICAS DE PRESENTACIÓN

AQUÍ VOS DEIXO UNHA SELECCIÓN DAS MIÑAS DINÁMICAS PREFERIDAS PARA INICIAR O CURSO.

MALETA VIAXEIRA

Consiste nunha maleta que primeiro trae a aula o mestre con 5 obxectos importantes para el ou ela, ensínaos e logo os explica. A continuación viaxa polo resto dos alumnos e alumnas da clase que cada día irán traendo obxectos, fotografías, … cos que presentarse aos demais.

Dinámica maleta viaxeira

QUE LEVAS NAS COSTAS?

Cada alumn@ levará unha palaba enganchada nas costas, moveranse polo espazo e no momento que pare a música terán que explicarlle un compañeir@ a palabra que leva para que intente adiviñala.

Dinámica de expresión oral

ACRÓSTICO

Por último, presentamos o acróstico, terán que crear un acróstico co seu nome escribindo en cada unha das letras unha palabra que os identifique, pode ser o nome dunha persoa, un animal, un lugar, un alimento… imaxinación libre.

Acróstico da profe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.