As veces aparecen dificultades básicas coa numeración, o valor posicional o recoñecemento do anterior e do seguinte, as series… Para todo isto un recurso que permite atender a estas dificultades é a liña de números.
Neste caso pintámola no chan, para que a aprendizaxe sexa máis vivencial e poder sentir os números co movemento corporal.
Divididos por equipos, localizamos números, practicamos o anterior e seguinte, fixemos cálculo mental, series… Cando a teñan máis pracricada pódese traballar a descomposición de números máis grandes.
Un recurso sinxelo que permite atender á diversidade da aula.