Encántame coniñar co meu alumnado, penso que ten moita aplicabilidade didáctica. Neste caso por equipo tiveron que descifrar a receita de cociña para despois poñela en práctica.
Cando rematamos e cada equipo probou as súas deliciosas magdalenas, decidimos facer unha diana de aprendizaxe. É unha técnica de autoavaliación que permite a partir dunha representación gráfica obter datos salientables. Esta é moi sinxela e con poucos items. A idea é ir aumentando a súa complexidade e que eles mesmos poidan incorporar algúns criterios.
AQUÍ TEDES A DIANA PARA DESCARGAR