Esta proposta xurdiu coa lectura dun marabilloso libro CÁNDIDO. Unha historia na que se poderán ver identificados e que permite un análise da personalidade de cada un e unha achega á reflexión individual.
Aquí tedes o cotacontos con algunhas ideas de propostas para levar a cabo na aula.
A continuación ocorréuseme a idea de que se debuxasen no chan con xiz. Cada un debuxouse a sí mesmo e escribiu ao lado unha palabra que cría que o identificaba. Por último, e con axuda dun compañeiro/a debuxaron a súa silueta. Un xeito de autocoñecerse, reflecionar e valorarse.
