Neste caso presentamos unha dinámica sinxela pero con moitísima potencialidade pois permite a reflexión, a creación e o pensamento matemático.
Encántame pola súa sinxeleza, facilidade de xogo e aplicacións.
Se lles pide ao alumnado que por equipos deseñen tres rodas. Poderían ser máis todo dependerá da idade. Cada unha das rodas as dividimos en catro partes. Tamén poderían ser máis , pero como digo, todo depende do nivel educativo. As rodas llas poderíamos tamén dar feitas pero creo que o labor creador é importante.
Unha vez crean as rodas fan un boceto. É importante que realicen un boceto e se acostumen a facelos cando teñan que deseñar algunha cousa pois permite o traballo en equipo, a posta en común de ideas e ver se o que facemos é viable ou require modificacións.
Nunha das rodas teñen que deseñar escenarios, pode ser un monte, un lago, unha praia (ou o que se lles ocorra).Noutra deben escribir números (dependendo do nivel os números poden ser maiores ou seguir certos criterios) e na última, símbolos de operacións matemáticas que poden ser tamén dobles, é dicir, nun mesmo sector do círculo poderiamos esribir suma e resta.
Logo, se lles reparten folios de cores ou cartulinas e pasan eses deseños a limpo.
Con isto feito pasamos a xogar. Se podería xogar cun spinner, cunha frecha como ruleta ou cun dado se numeramos os sectores do círculo.
No meu caso empreguei un dado. Tiraban o dado e decidían un escenario, un número e unha operación. Cando está señleccionado, teñen que crear un problema matemático ambientado nese lugar, con ese resultado e resolto empregando esa operación matemática.
Podemos facelo por equipo, individualmente ou en modo competición.
Todo un traballo competencial, moi interesante.