Xenial proposta para traballar o razoamento lóxico, valor posicional, numeración… acompañada de movemento e cohesión grupal.

En primeiro lugar, escriben nun papel un número en cifras (tamén poden incorporar a súa escritura en letra)
Logo, colocamos o número na súa espalda e pedímoslle que se ordenen de maior a menor ou viveversa.
A continuación, que se dividan en pares e impares.
Seguidamente facemos propostas tipo: os que teñan un 3 nas decenas que salten, os que teñan 1 nas unidades que se agachen, cando a suma das cifras sexa maior que cinco para a esquerda… todo o que se nos ocorra e necesitemos mellorar.
Tamén poderiamos mandarlle facer a orde se falar, deste xeito discurren estratexias moi diversas para intentar comunicarse.