Rutinas de aula

Parece que ás veces asociamos a palabra rutinas a algo monótono e aburrido que se repite sen trascendencia. Pode que en ocasións sexa dese xeito pero se o que facemos nesas rutinas xenera autonomía, pensamento, creatividade e implicación o concepto pode cambiar.

Hoxe cóntovos as miñas principais rutinas de aula.

Empezamos cunha asamblea. A asamble ten multitude de variantes pode ser temática, na que o alumnado fala dun tema do seu interese. Pode ser asamblea palabra na que resumimos o contido do día anterior nunha palabra (pódese complicar se poñemos consignas como unha palabra que non leve a, por exemplo), nese mesmo sentido pode estar asamblea frase. A maiores tamén podemos facer parellas de fala. Nesta dimámica o alumnado por parellas aleatorias falan sobre un tema (pode ser con contido matemático, cientñifico, de linguas…) Nesta dinámica a consigna é clara un deles escoita e o outro fala e logo rotamos posición e rol.

A continuación facemos xogos de activación, poden ser con dados, tarxetas, de movemento…

Todo isto queda recollido nun plan do día que se fai no encerado para que todo o alumnado o poida ver e saiba que nos toca facer en cada momento.

Seguimos coa rutina do gráfico do tempo (realizado por eles) e da temperatura. Medimos a temperatura exterior e interior e calculamos a diferencia.

A continuación e alternativa, ente traballamos palabra do día, número do día ou creación do problema do día.

Acabamos co enigma. Nesta rutina cada semana hai un engargado de pensar, crear ou bruscar un enigama que o resto de compañeiro debe resolver. O enigma pode ter calquera temática.

Algúns días a algún equipo tócalle ter o mantel na mesa. Isto significa que durante todo o día escribirán ahí e ao final do día o matel recóllese. Poden facer anotacións, debuxos… É unha experincia que lles motiva e lles encanta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.