SERPENTEANDO

Quero hoxe presentarvos o noso proxecto completo sobre as serpes. Tivo unha duración dunhas 10 semanas, nas que investigamos, limos, analizamos, traballamos en equipo, creamos xogos, carteis e aprendemos multitude de información sobre estes ofidios.

Aquí podedes descargar o proxecto ao completo (nel aparece información acerca de contidos curriculares e rúbricas de avaliación)

No vídeo amósase un resumo do proxecto en imaxes e un pequeno xogo de preguntas creado polo alumnado.

A continuación déixovos material que creamos para este proxecto. No primeiro documento podemos atopar textos de diferentes características e no segundo documento unha comprensión lectora. A idea é presentarlles o texto marcar palabras clase e intentar memorizar a táboa para completala despois ca info que recorden na parte de detrás. Poden empregar tamén un debuxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.