
Hoxe, os dentiños de allo chegaron a aula. Con eles inicio un novo curso. Sempre que chegan me gusta sorprendelos por iso creo que os xogos de fuga e as buscas do tesouro son xeniais.
Neste caso preparei unha especie de xogo de fuga con probas que debían resolver nun tempo para obter a combinación que abrise unha caixa forte.
O especial desta busca é que as probas e as instrucións ían en fundas plásticas. Un membro do equipo le as instrucións para todos. Despois deciden que tres probas fará cada un.
Unha vez que o teñen decidido, realizan as probas. Poden pedir axuda aos menbros do seu equipo.
Ao rematar desinfectan as fundas e llas pasan aos outros compañeir@s que se encargan de correxilas coas solucións.
Se teñen 9 probas correctas en total se lles da uns números que abren a caixa.
A proba final será unha coreografía na que cada un inventa un paso e o seguinte debe incorporar un novo. Se completan a coreografía obteñen unha letra.
Con isto e os catro números anterriores abren a caixa e liberamos aos dentiños de allo.
As probas, e a temática da xogo de fuga pode adaptatse a cada clase.
